Jazz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Jazz naceu no período entre 1890 e 1910 en Nova Orleáns. A súas raíces remontan á música dos negros e crioulos dos Estados Unidos desde as súas épocas como escravos que datan pouco antes de 1850. As influencias nomean o ragtime, as worksongs músicas cantadas polos negros ao traballaren e o blues, principalmente, non se sabe moi ben como era esta música anterior a 1910, o primeiro músico do que se ten noticia é Buddy Bolden, do que só se conservan unha foto e as opinións dos seus compañeiros, que falan dun virtuoso cun son potente e limpo.
A música que se tocaba polas rúas e nos bordeis de nova Orleáns era festiva e desenfadada, tocada principalmente por músicos negros e crioulos. A maioría eran marchas e a instrumentación era a propia deste estilo: a tuba levaba o ritmo, e a corneta, clarinete e trombón tecían as melodías. Cando tocaban nun local, uníaselles piano, banjo e axiña un novo instrumento, criado especialmente para a nova música: a batería (que aqui durante moitos anos se chamou jazz band). O característico deste estilo que continúa até hoxe (co nome de Dixieland ou New Orleans) era a improvisación colectiva: a corneta toca unha melodía adornada por riba polo clarinete e complementada polos contracantos do trombón, todo sobre unha rítmica sólida e sincopada de batería, tuba ou contrabaixo, piano e banjo ou guitarra, a escritura non conta para nada, é unha arte puramente auditiva, a súa liberdade creadora vai máis alá da do compositor clásico, dúas versións distintas dun tema son dúas obras distintas; cando existe a composición e a escritura son elementos auxiliares da música jazz xa que a súa forma final depende da adaptación do músico ao lugar e ao momento onde ten lugar a actuación. Esta música foi gañando popularidade e foise estendendo cara ao Norte por Saint Louis e Chicago (di a lenda que o feche dos bordeis de Storyville en 1917 foi a causa desta emigración). É neste momento cando a nova música se comeza a se chamar jass, polo que parece utilizando un termo común no século XIX para referirse ao intercambio sexual. O 26 de febreiro de 1917, a Victor lanzou o primeiro disco de Jazz gravado pola Original Dixieland Jazz Band: un grupo de brancos liderados polo competente Nick LaRocca pero que non eran nin moito menos un dos baluartes desta música, como os músicos negros e crioulos King oliver, Freddie Keppard, Kid Ory ou Jelly Roll Morton. Precisamente da banda de King Oliver sairía o home que levaría o Jazz a ser o que hoxe coñecemos: Louis Armstrong. Entre 1925 e 1929 este cornetista e despois trompetista transformou a improvisación colectiva no solo, e convertiu ao Jazz nun vehículo de expresión individual e autoafirmación, e xunto con Sidney Bechet configurou o swing. A década de 1920 foi chamada a "Era do Jazz" -do libro Tales of the Jazz Age (Francis Scott Fitzgerald, 1922)- e a música foi o epítome dunha época de paro e desesperanza, e o alcohol ilegal e o baile que lle servían de válvula de escape. Foi o nacemento das Big Bands, orquestras de baile que tocaban os temas de éxito nun estilo hot e chispeante e que conducirían á "Era do Swing" onde toda América bailaba ao ritmo de Benny Goodman e Glenn Miller.
Durante a II Guerra Mundial nace o bebop, estilo duro e agresivo que se xestou nos locais de Harlem. Na contrapartida surxe, entón, o cool jazz cunha proposta máis intelectualizada e con énfase nos arranxos. A continuación do bop é o hardbop, máis negro e con influencias do gospel e do rhythm and blues. Todas estas innovacións conlevaran unha complicación progresiva desde o ponto de vista técnico e, sobre todo, harmónico que afogaba aos solistas, isto levou a algúns músicos, principalmente despois do Kind of Blue de Miles Davis a apostar polo jazz modal, onde o solista xa non segue uns cambios de acorde, senon que ten unha série de modos que lle deixan mais espazo á improvisación.
Durante a década de 1960 afundouse no jazz modal e apareceu o funk e sobre todo a avangarda con elementos de composición atonais, polirritmia e moita improvisación, foi unha fase bastante experimentalista do estilo. A aparición do rock como música maioritaria entre a xuventude branca e o soul entre os negros desprazou ao jazz dos gostos populares, fenómeno axudado polo carácter anticomercial do jazz da época. Ao mesmo tempo, a toma de conciéncia do pobo negro tivo a sua expresión no free jazz (até o propio termo jazz, considerado derogatorio, chegou a abandonarse, usandose denominacións como new thing). O entertainer era o novo Tio Tom e os músicos de free mostrabanse cínicos e condescendentes co público.
Os setenta foron a época do fusion: a fusión do rock co jazz, liderada máis unha vez por Miles Davis, coa introdución de instrumentos electrónicos (ao comezo piano Fender Rhodes e baixo eléctrico e continuando despois con todo tipo de instrumentos amplificados). Apostouse por un estilo directo e rítmico (incluso bailábel) e pola existencia de bandas relativamente lonxevas no estilo rockeiro como Weather Report e Return to forever.
Frente ao triunfo da avangarda e a fusión nos setenta, ambos estilos moi alonxados do jazz tradicional, nos oitenta apareceron os Young Lions coma Wynton Marsalis ou Roy Hargrove que propoñían un retorno ao jazz acústico e mainstream.
O uso de samplers e secuenciadores é utilizado na mestura do drum'n'bass e do techno.
[editar] Grandes nomes do Jazz
- Louis Armstrong
- Count Basie
- John Coltrane
- Miles Davis
- Duke Ellington
- Bill Evans
- Billie Holiday
- Charles "Bird" Parker