Física aplicada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Física aplicada é a Física entendida como soporte para unha tecnoloxía ou uso práctico particular, como por exemplo en enxeñaría, como oposta á investigación básica. Esta aproximación é semellante á dada á matemática aplicada. A Física aplicada está enraizada nas verdades fundamentais e nos conceptos básicos das ciencias físicas, pero está relacionada co uso de principios científicos en aparellos e sistemas prácticos, e na aplicación da física noutras áreas da ciencia. a "Física Aplicada" distínguese da "Física Pura" por unha combinación de factores como a motivación e a actitude dos investigadores e a natureza das relacións para coa tecnoloxía ou a ciencia que pode ser afectada polo seu traballo.
[editar] Áeas de investigación
- biofísica
- física química
- Procesos químicos de deposición de vapor
- física da materia condensada
- aparellos de fibra e guía de ondas
- aparellos de fibra óptica e sistemas de comunicación
- dinámica de fluídos
- Física do laser
- microscopía de forza e imaxe
- geofísica
- laseres e electrónica cuántica
- física médica
- microfluidez
- nanotecnoloxía
- Testeado non destrutivo
- física nuclear
- optoelectrónica,
- célula fotovoltaica
- física do plasma
- física e aparellos semiconductores
- física do estado sólido
- física do espazo
- transporte spin-dependente
- física dos aceleradores e synchrotróns
- tunelado do vacío