Física química
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Física-Química é a aplicación da física ós fenómenos macroscópicos, microscópicos, atómicos e de partículas en sistemas químicos no campo da química tradicional usando os principios, prácticas e conceptos de termodinámica, cuántica, mecánica estatística e cinética. É definida como un campo da química no que varios subconceptos son aplicados, a inclusión da mecánica cuántica úsase para ilustrar a aplicación da física química á interacción ou experimentación en química atómica e de partículas.
Está en particular referida ós estudos macromoleculares, como a maioría dos principios que usa, como os coloides.
As relacións que tenta resolver a Física química inclúen os efectos de:
1. Forzas intermoleculares e propiedades físicas dos materiais (plasticidade, esforzo de tensión, tensión superficial en líquidos). 2. Cinética de reacción e velocidade de reacción. 3. A identidade de ións na conductividade eléctrica dos materiais.