Física teórica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A física intenta comprender o mundo elaborando un modelo matemático e físico da realidade que se utiliza para racionalizar, explicar e predicir os fenómenos físicos, suscitando unha teoría física da realidade. A Física Teórica, tamén denominada Física Matemática, constitúe a rama da física que se basea na matemática e adquire unha identidade propia a partir das revolucións cuántica e relativista de principios do século XX.
[editar] Método de investigación da física
Tódalas ciencias da natureza posúen unha característica común: son ciencias experimentais, é dicir, os coñecementos acumulados foron obtido mediante a experimentación sistemática. Este procedemento denomínase método científico experimental.
No entanto a física teórica basea o seu progreso no uso da matemática para predecir fenómenos que aínda non foron observados experimentalmente así como outros que nos permiten coñecer o universo en formas non accesibles experimentalmente, en base a principios ben demostrados experimentalmente. No entanto a demostración final de todo coñecemento en física é experimental e ata que non se demostra desta forma as predicciones da teoría non se pode estar seguro da validez dunha teoría ou modelo. Un exemplo está nos aceleradores de partículas nos que se buscan en moitas ocasiones partículas previstas polo modelo da física de partículas e frecuentemente atópanse outras non previstas inicialmente e que fan cambiar o modelo.