Federico Escofet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Federico Escofet Alsina, ou en catalán Frederic Escofet i Alsina (1898 - Barcelona, 27 de marzo de 1987) foi un militar catalan ao servizo de Generalitat de Cataluña antes e durante a Guerra Civil Española.
Militar de carreira desde 1919, sería oficial voluntario en Marrocos desde 1920 a 1923.
O 26 de xuño de 1936 o Presidente da Generalitat, Lluís Companys nomea ao xefe dos Mossos d'Esquadra (policía autónoma catalana), cargo que Escofet ostentaba desde 1930, acabada a dictadura de Primo de Rivera, como Comisario Xeral de Orde Pública, por consideralo un home leal ante a imminencia do golpe de estado do exército. O fracaso dos feitos do seis de outubro de 1934, con a proclamación do Estado Catalan servira para avaliar o perigo dos insurrectos, e poder preparar accións que van abortar a insurrección en Barcelona en xullo do 1936.
Despois da Guerra civil vai exiliarse en Bélxica, logo regresaría a Barcelona, onde morre en 1987.
Escofet é unha das testemuñas que declaran sobre a guerra civil no filme de Jaime Camino "La vieja memoria".