Fedora Core
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fedora Core (tamen coñecida como Fedora Linux) é unha distribución GNU/Linux desenvolvida pola comunidade Fedora e promovida pola compañia estadounidense Red Hat.
O obxectivo do proxecto Fedora é conseguir un sistema operativo de propósito xeral e baseado exclusivamente en software libre co apoio da comunidade Linux. Os enxeñeiros de Red Hat continúan participando na construcion e desenvolvemente deste proxecto e convidan e fomentan a participacion de membros da comunidade Linux
Orixinalmente, Red Hat Linux foi desenvolto exclusivamente dentro de Rede Hat, coa sua realimentación de informes de usuarios que recuperaban fallos e contribucións aos paquetes de software incluídos e non contribucións á distribución como tal. Isto cambiou o 22 de setembro do 2003, cando Red Hat Linux derivouse dando orixe ao Proxecto Fedora, que está orientado á comunidade de usuarios e así mesmo, serve de base para que Red Hat Enterprise Linux se desenvolva con máis efectividad e adopte as novas características que se engaden no Proxecto Fedora.
Este modelo é similar á relación entre Netscape Communicator e Mozilla, ou entre StarOffice e OpenOffice.org, aínda que neste caso, o produto comercial resultante é software libre.