OpenOffice.org
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións de oficina creado a partir da StarOffice de Sun Microsystems e licenciada como software libre baixo os termos da LGPL ou da SISSL. Está dispoñible para Microsoft Windows, sistemas UNIX, (Linux...) e Mac OS X.
A última versión desta suite ofimática é a 2.1.
OpenOffice.org está formado por:
- Writer (procesador de texto)
- Calc (folla de cálculo)
- Draw (deseño gráfico)
- Impress (programa de presentacións)
- Math (editor de fórmulas matemáticas)
- Base (base de datos)
- Un editor visual de páxinas web.
- Un gravador de macros.
- Filtros para a importación de ficheiros fomatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.
[editar] Ver tamén
- OpenDocument
- Sun Microsystems
- StarOffice
- KOffice
- Ofimática