Fely Manzano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Felisa Manzano Conde, Fely Manzano, é unha actriz galega nacida en Ourense en 1942.
Coñecida para o gran público galego polo seu papel na comedia Pratos Combinados da TVG, ten unha longa experiencia en teatro, ademais de ser actriz de dobraxe e publicidade e ter participado en multitude de curta e longametraxes.
Foi merecedora do Premio á mellor actriz no II Festival de Cine e Video de San Telmo (Bos Aires, Arxentina 2004) pola curtametraxe As Muxicas.
Índice |
[editar] Películas
- Urxa (1989), de Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro.
- A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda.
- Divertimento (2000), de José García Hernández.
- Lena (2001), de Gonzalo Tapia.
- El regalo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez
- La Mari (2003), de Jesús Garay.
- Un franco, catorce pesetas (2006), de Carlos Iglesias.
[editar] Curtametraxes
- Contar (1994), de Manuel Abad.
- Distrito Picasso (1994), de Chema Gagino.
- Coruña imposible (1995), de Paco Rañal.
- Vídeo doméstico (1995), de Chema Gagino.
- Alzheimer (2000), de Álex Sampayo.
- A mercería (2000), de Marise Brostel.
- As Muxicas (2002), de Carlos Alberto Alonso Iglesias.
- Hermanos (2004), de Oskar Bilbao.
- Rosas (2005), de Mikel Fuentes.
[editar] Televisión
[editar] Personaxes fixos
- Servizo de urxencias (1989)
- Pratos Combinados (1995-) (TVG)
- Con perdón (1997) (TVG)
- Fíos (2001) (TVG)
[editar] Personaxes episódicos
- Mareas vivas (1998) (TVG)
- El Comisario (2000) (Telecinco)