Pratos Combinados
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pratos combinados | |
Xénero | Comedia |
---|---|
Duración | 55 minutos |
Creador(es) | Xosé Cermeño |
Produtor(es) executivo(s) | Ernesto Chao Mabel Rivera |
Intérpretes | Antonio Durán "Morris" Manuel Millán Xosé Manuel Olveira "Pico" Susana Dans |
País de orixe | ![]() |
Emisión orixinal | TVG |
Tempo de emisión | 1 de decembro de 1995 – |
Número de episodios | 150+ |
Web oficial | |
IMDb profile |
Pratos Combinados é a primeira teleserie da TVG, que marcou todo un fito na historia da televisión en Galicia xa que se trata da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais da terra e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.
A súa emisión comezou o primeiro de decembro de 1995 e tivo un grande éxito ao ter unha boa cuota de pantalla e ao superar en ocasións a dura competencia coma teleseries españoles da altura de "Aquí no hay quien viva" ou "Los Serrano".
A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron como guionistas Roberto G. Méndez, Germán R. López, Paula de Sáa, Denís López, Raul Dans e outros.
[editar] Argumento
Miro Pereira coa súa dona Balbina e demais familia -retornados da emigración- rexentan un típico bar galego por onde pasan personaxes cómicos como o curmán Antón ou o repartidor Paspallás.
Miro, o protagonista, xunto co seu cuñado Antón, sempre andan a argallar para poder obter cartos ou irse de festa. Para isto, non dubidan en enganar aos seus amigos ou contar coa axuda dos fillos do avogado Barreiro.
Actualmente, non continúa todo o reparto orixinal: Balbina (Mabel Rivera) deixou a serie tralo éxito colleitado polo filme Mar Adentro de Alejandro Amenábar, baseado na vida e morte Ramón Sampedro.
[editar] Reparto
- Ramiro "Miro" Pereira (Ernesto Chao), o protagonista. Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, que atende aos clientes de mala maneira e que cociña empanadas de cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas) e outras 'especialidades culinarias'.
- Balbina Santos (Mabel Rivera), esposa de Miro. Unha cociñeira exemplar, que non se fía do seu marido e, sobre todo, do seu irmán Antón.
- Antón Santos (Antonio Durán "Morris"), cuñado de Miro. Empregado no banco, que sempre pensa en zafarse do traballo e comer de balde no bar da súa irmá. Sempre anda argallando plans xunto co seu cuñado, aínda que saiba que este non é moi listo. Vive diante do bar.
- Padre Nicanor (Manuel Millán), cura da parroquia, amante das empanadas de Doña Carme, que sempre anda preocupado polos cartos que non chegan á parroquia. Crente convencido, ou case.
- Pedro Barreiro (Xosé Manuel Olveira "Pico"), veciño de Antón, que vive no mesmo edificio. É un home de lei, que sempre anda a rifar cos seus fillos, sobre todo a maior, e espera que sente a cabeza e se dedica a uns estudios que el considere decentes, non coma o teatro.
- Olimpia (Susana Dans) É a prima de Antón e Balbina e administradora do bar despois da marcha de Balbina.