Fernando Romay
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernando Romay Pereiro (A Coruña 1959) foi un xogador de baloncesto galego.
Contaba cunha altura de 2,13 m e xogou na selección española coa que conseguiu a medalla de prata en Baloncesto nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Moscú 1980 e en tres Mundobasket e catro Eurobasket.
En España xogou no Real Madrid dende 1976 ata 1993. Durante este período o equipo obtivo sete títulos de Liga, cinco de Copa do Rei, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dous da Copa Intercontinental e un Campeonato Mundial de Clubs.
Nos últimos anos adicou o seu tempo a colaborar en diferentes programas de televisión (chegou incluso a actuar nun capítulo de Pratos Combinados e apoiar diferentes organizacións non gobernamentais.