Flagstaff, Arizona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flagstaff (Navajo: Kinłání) é unha cidade de Coconino County no norte de Arizona, no oeste dos Estados Unidos de América. O censo de 2000 dáballe unha poboación de 52.894.
Flagstaff atópase a 2.000 metros de altura, a pouca distancia do punto máis elevado de Arizona, Humphreys Peak a 3.850 m. Flagstaff considerouse a comezos do século XX como o lugar ideal para construír un estudo de cine, pero finalmente optouse por Hollywood, aínda que nos últimos anos rodáronse algunhas películas na cidade e arredores.