Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gran Canón do Colorado en Arizona.
Arizona é un estado dos Estados Unidos da América uníuse á Unión en 1912, só por diante de Hawaii e Alasca. Sitúase no sudoeste e limita ó S con México. A súa capital é Fénix. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000). O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.