Formigón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O formigón é un material de construción composto por unha mistura de cemento, áridos (area, pedras.. ) e auga, alén de outros materiais eventuais como aditivos.
O seu uso asi, como formigón en masa é moi amplo: encoros, contencións, diques.. pero o máis importante é a súa utilización con reforzos de aceiro. O concreto, como todos os materiais cerámicos ten moi bo comportamento a compresión e bastante pior a tracción, polo que se combina con reforzos (ferralla) para conseguir un material cun comportamento equilibrado. Isto vese favorecido por teren os dous materiais coeficietes de dilatación similares, e polo tanto non sofren cos cambios de temperatura. Cando armado com ferrallas pasivas, recibe o nome de formigón armado,e cando for armado con ferrallas activas recebe o nome de formigón protendido.