Francesco Borromini
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francesco Borromini, alcume de Francesco Castelli (25 de setembro, 1599 – 3 de agosto, 1667) foi un arquitecto barroco italiano.
Borromini, afastado da alegoría, amosa a súa preocupación polo dominio do espazo que se corresponde coa situación do home no mundo e coa súa actividade, espiritual e materialmente sempre cambiante, o que confire á súa arquitectura un carácter dramático e revolucionario.