Fume
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O fume é unha suspensión no aire de pequenas partículas sólidas que resultan da combustión incompleta dun combustible. É un subproduto non desexado da combustión, producido en fogueiras, brasas, motores de gasolina e diesel. Cando unha combustión é correcta e completa os únicos subprodutos son auga, dióxido de carbono e compostos de diversos elementos.
A inhalación do fume é a causa primaria de morte nas vítimas dos incendios. O fume mata por intoxicación debido aos seus compoñentes tóxicos, como o monóxido de carbono e as pequenas partículas sólidas que atoan os alvéolos pulmonares e asfixian á vítima.