Monóxido de carbono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xeral |
|
---|---|
Nome | Monóxido de carbono |
Fórmula química | CO |
Aparencia | gas incoloro |
Físicas |
|
Peso molecular | 28,0 uma |
Punto de fusión | 68 K (-205 ̊C) |
Punto de ebulición | 81 K (-192 ̊C) |
Densidade | 8,0 ×10³ kg/m³ (líquido) 1,145 kg/m³ (gas a 298K) - máis livián có aire |
Solubilidade | 0,0026 g en 100g de auga |
Termoquímica |
|
?fH0gas | -110,53 kJ/mol |
?fH0líquido | ? kJ/mol |
?fH0sólido | ? kJ/mol |
S0gas, 1 bar | 197,66 Jmol-1K-1 |
S0líquido, 1 bar | ? Jmol-1K-1 |
S0sólido | ? Jmol-1K-1 |
Riscos |
|
Inxestión | Pode causar vómito e diarrea. |
Inhalación | Moi perigoso, pode ser fatal. |
Pel | Inhalación pode causar lesións cutáneas. Evitar contacto con líquido crioxénico. |
Ollos | Inhalación pode causar problemas a longo prazo na visión. |
Máis información | Hazardous Chemical Database (En inglés) |
Monóxido de carbono |
O monóxido de carbono, cuxa fórmula química é CO, é un gas inodoro, incoloro, inflamable e altamente tóxico. Pode causar a morte cando se respira en niveis elevados. Prodúcese ó queimar materiais combustibles como gas, gasolina, kerosina, carbón, petróleo, tabaco ou madeira. As chemineas, as cadeiras, os quentadores de auga e os aparatos domésticos que queiman combustible, como as estufas ou fogóns da cociña ou os quentadores a kerosina, tamén poden producilo se non están funcionando ben. Os vehículos detidos co motor acendido tamén o despiden.
Se se respira en niveis elevados, o monóxido de carbono pode causar a morte por envelenamento en poucos minutos porque substitúe ó osíxeno nos eritrocitos do sangue. Cada ano un gran número de persoas perde a vida accidentalmente debido ó envelenamento con este gas. As mulleres embarazadas e os seus meniños, os nenos pequenos, as persoas maiores e as que sofren de anemia, problemas do corazón ou respiratorios poden ser moito máis sensibles ó monóxido de carbono.
Fonte:U.S Environmental Protection Agency
[editar] Ligazóns externas
- Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España: Ficha internacional de seguridade química do monóxido de carbono.