Gaélico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gaélico é o nome de dúas linguas célticas faladas ata os noso días na illa de Irlanda e no norte de Escocia. Cando falamos só de gaélico, adoitamos referirnos ao gaélico irlandés ou lingua irlandesa (Gaeilge), para falarmos do gaélico de Escocia dicimos gaélico escocés (Gàidhlig).
Tamén pode aparecer a palabra gaélico para referirise ao grupo de linguas celtas que teñen como trazo distintivo o feito de non teren pasado a labiovelar herdada do indoeuropeo a /p/: tamén se poden denominar linguas goidélicas ou linguas celtas Q. Serían o irlandés, o gaélico escocés e o manx. As outras linguas conforman o linguas celtas P ou britónicas.