Gauntlet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gauntlet é un videoxogo realizado para máquinas recreativas en 1985 por Atari Games, deseñado por Ed Logg. De extraordinario éxito realizáronse versións para DOS, Apple II, Atari 8-bit, NES, Atari Lynx, Amiga, Apple IIGS, Sega Master System, Mega Drive/Genesis, Atari ST, Amstrad CPC, Commodore 64, ZX Spectrum, Nintendo GameCube, PlayStation 2, Xbox, Xbox360 e Windows.
[editar] Personaxes
- Guerreiro:excelente na loita corpo a corpo ou no poder do disparo.
- Valquiria:a guerreira, especializada na loita coa espada.
- Mago:suple a súa falta de forza coas súas dotes máxicas.
- Elfo:representa a astucia.
A acción sitúase no Castelo das Sombras onde teñen a súa residencia todo tipo de pantasmas e demos e o xogador debe elixir a un dos personaxes para eliminar a todo o que se interpoña no camiño e recoller amuletos, chaves, trampas, alimentos ou transportadores.