Glasgow
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Glasgow (Glaschu en gaélico escocés; ou Glesca/Glesga en escocés) é a maior cidade de Escocia. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses.
A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.
A cidade foi un burgo real na Época vitoriana, e era coñecida como a segunda cidade do Imperio Británico. A finais do século XIX e comezos do século XX a cidade creceu enormemente chegando ó millón de habitantes. Hoxe en día a cidade ten 688.420 habitantes no seu centro e 1.749.154 na área metropolitana.
Na Revolución Industrial Glasgow converteuse nun importante porto comercial transatlántico. Na actualidade, a cidade é un dos 16 maiores centros financeiros de Europa e o fogar da maioría das grandes compañías de Escocia. Despois de Edimburgo, Glasgow é o segundo maior destino turístico de Escocia.