Revolución Industrial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a gran escala.
A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata 1780.
Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química:fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custes e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o proletariado que xurde en condicións de pobreza e explotación absoluta.
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola máquina de vapor, movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.
A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova división internacional do traballo (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre 1830 e 1880, as principais guerras foron de tipo colonialista, na India, China, Turquía, Sudán, Persia, Afganistán, Rusia Oriental e México.
Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.
Índice |
[editar] Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica:
- Substitúese a artesanía polas máquinas.
- Se non ocorrese a revolución agrícola, non se daría a Revolución industrial pola industrialización.
[editar] Consecuencias sociais da primeira revolución industrial:
- Cambia a orde social estamental por unha sociedade de clases.
- Nova división do traballo.
- A burguesía toma o control do parlamento.
[editar] A revolución industrial na Europa continental
- En 1850 apenas existe a fábrica moderna en Europa.
- Só en Bélxica hai un proceso de revolución seguido ó de Inglaterra.
- Na segunda metade do século XIX fortalécese en Turinxia e Saxonia a industrialización de Alemaña.
A Revolución industrial foi o principio dos avances na ciencia e o primeiro paso cara á modernidade.