Grafema
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O grafema é a unidade fundamental dunha escrita dada; a palabra foi composta sobre o modelo de fonema. Segundo o tipo de escrita, o grafema relízase visual e foneticamente de xeitos diversos. Verlaquí un modelo teórico:
- alfabetos: un grafema = unha letra (ou un digrama, un trigrama) = un fonema;
- silabarios: un grafema = unha sílaba;
- alfasilabario: un grafema = unha consoante e unha vogal ou un fonema so;
- abjad: un grafema = unha letra = unha consoante;
- escrita logográfica: un grafema = un carácter = unha idea, unha palabra, un morfema, un composto ideo-fonético, etc.
Pódese aplicar, para saber se un carácter é un grafema ou non, o mesmo test que para os sons, a saber, o dos pares mínimos:
- en francés, <a> e <e> son grafemas pois «sa» e «ce» opóñense;
- <a> e <a> non son grafemas pois «sa» non se opón nin a «sa» nin a «sa». Son pois variantes libres;
- pola contra, <a> non é o único grafema acociábel ao fonema /a/ (o /a anterior/ no senso do API); en efecto, por exemplo, a palabra rouennais (habitante de Rouen) pronúnciase /rwanε/ e o fonema /a/ está aí representado polo digrama <en>. O grafema <en> representa na escrita do francés actual polo menos dous sons: a nasal /ɑ̃/ e a vogal /a/.
Entre as variantes non pertinentes dos grafemas, cóntase principalmente variacións de tipo de letra (negriña, itálica, etc.), variantes contextuais e conxuntas.
Ademais, para que unha secuencia de letras (nos alfabetos) forme un grafema (digrama, trigrama), esta combinación debe estar ligada a un fonema identificábel: por exemplo, et non é un grafema en francés pois et se realiza de maneiras diferentes, [e], [εt], e non se nota un fonema único, ao contrario de au que na maioría dos casos se pronuncia [o].