Grandes Lagos Africanos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os Grandes Lagos Africanos son lagos de orixe tectónica, localizados na África oriental, que inclúen algúns dos lagos máis profundos do mundo. A maior parte destes lagos foi formada hai preto de 35 millóns de anos no Gran Val do Rift Occidental, un dos ramos desta formación xeolóxica que abranxe a Etiopía, Quenia, Tanzania, Uganda, Ruanda, Burundi, Malawi e Mozambique.
Son os seguintes os Grandes Lagos Africanos (de sur para norte):
- Lago Niassa, compartido por Mozambique, Malawi e Tanzania;
- Lago Tanganica, que fai a fronteira entre a República Democrática do Congo, a Tanzania e o Burundi;
- Lago Kivu, que separa Ruanda do Congo;
- Lago Eduardo e Lago Alberto, que separan Uganda do Congo;
- Lago Vitoria, que é maior de todos, encontrase entre os dous ramos (oriental e ocidental do Val do Rift) e é compartido pola Quenia, Uganda e Tanzania; e
- Lago Turkana, en Quenia, que é o único grande lago africano no ramo oriental do Val do Rift.