Gripe aviaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A gripe aviaria é unha enfermidade viral das aves causada por cepas A de virus influenza que se pode transmitir ao home e a outros animais (pero sobre todo ao porco). Identificouse pola primeira volta en Italia a comezos do século XX e hoxe coñécese a súa existencia en todo o mundo. Desde 1950 houbo quince epidemias de gripe aviaria, delas cinco graves. En 1997 coñeceuse o primeiro caso de transmisión da enfermidade a un humano, en Hong Kong. Na epidemia de 2004 morreron 30 persoas, sobre todo en Vietnam e en Tailandia.
Na actualidade, "gripe aviaria" describe a infección debida a un subtipo concreto do virus A de influenza, H5N1, que pode causar doenzas graves nos humanos infectados. Transmítese por contacto con aves infectadas e o contaxio entre persoas é, de momento, raro. A gripe H5N1 non constitúe unha pandemia na actualidade e non ten capacidade de ocasionala. Isto pode acontecer se H5N1 mutar nunha forma que lle permita pasar dunha persoa a outra.