Guangzhou
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Guangzhou ( chinés simplificado: 广州, chinés tradicional: 廣州, pinyin: Guǎngzhōou, forma tradicional: Kwangchow) é a capital da provincia de Guangdong no sur de China. Con anterioridade foi coñecida internacionalmente como Cantón, por unha corrupción europea de "Guangdong", o nome da provincia. En 1999 tiña unha poboación de 6.850.000 habitantes na área urbana, e na área metropolitana 4.050.000.
Situada no río das Perlas, é a cidade máis importante do sur da China. A súa posición estratéxica, moi perto de Hong Kong, permitiu que a cidade se desenvolvese con rapidez. Foi o principal punto de saída dos emigrantes chineses durante os séculos XIX e principios do XX.
A cidade foi fundada pola dinastía Qin hai algo máis de 2000 anos e recibiu o nome de “Yancheng” ou “cidade das cabras”. Foi a capital do reino Yue do sur.
Converteuse nun dos principais portos de Asia durante a dinastía Tang. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron a China no século XVI.
A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña Hong Kong (a unha distancia de 182 Km.) mediante trens, autobuses e un servizo de Ferry.
[editar] Lugares de interese
- Templo dos seis banianos:
Construído no ano 537, este templo quedou completamente destruído no século X por culpa dun incendio. Reconstruíuse entre o ano 989 e o 990. No seu interior encóntrase a pagode das flores, dunha altura total de 57 metros.
- Casa da familia Chen:
O máis rechamante desta casa son os seus tellados, cheos de esculturas e de colorido. O edificio foi rematado no ano 1894.
- Guangxiao Si:
Trátase dun templo budista construído no século IV e reconstruído no século XVII.