Pinyin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
O pinyin ou hanyu pinyin (caracteres simplificados: 汉语拼音; pinyin: hànyǔ pīnyīn) significa literalmente notación fonética da lingua chinesa é un sistema de transcrición mediante o alfabeto latino (romanización) dos caracteres chineses segundo a pronuncia estándar do putonghua ou chinés unificado estándar, oficial na República Popular Chinesa. É mais difícil para os ocidentais que a mais comun Wade-Giles, pero dada a sua oficialidade en China, é cada vez mais utilizada. A súa función principal en China é ensinarlle aos nenos como se pronuncia en Mandarin, xa que todos os chineses conservan basicamente a mesma forma escrita independentemente das diversas evolucións na pronuncia nos diferentes dialectos. A diferencia fundamental coa Wade é que non utiliza apóstrofos para distinguir entre diferentes consoante oclusivas e palatais senon outras letras que non teñen ese son en chinés. Por exemplo, 北京 dá běijīng segundo o sistema pinyin, pei-ching segundo o sistema Wade-Giles e Peking segundo o sistema postal chinés dando pé á súa vez a formas naturalizadas en moitas linguas europeas a partir da forma anglizada peking.