Hacklab
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A verba hacklab ven da fusión entre os termos hacker e laboratorio. O Hacklab é un espazo (físico e/ou virtual) onde se xunta un grupo de persoas para investigar, debater e difundir temas relacionados con internet, as novas tecnoloxías e os direitos civís relacionados con isto dende unha perspectiva social.
Nun hacklab sóese utilizar un sistema de organización e aprendizaxe cooperativos, baseado na filosofía do software libre, que ao tempo é a ferramenta básica para traballar, debido ás avantaxes que ofrece.
Os primeros hacklabs xurdiron en Italia a partires do primeiro hackit no 1998, pero foi en Barcelona, onde se creou o primeiro hacklab no estado español.
Na actualidade hai un par de hackabs na Galiza, pero o número probablemente irá medrando en pouco tempo.