Laboratorio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un laboratorio é un lugar equipado con diversos instrumentos de medida ou equipos nos cales se realizan experimentos ou investigacións diversas, segundo a rama da ciencia á que se dedique.
A súa importancia, ben sexa en investigacións ou a escala industria,l e en calquera das súas especialidades (química, dimensional, electricidade, bioloxía, etc.), radica no feito de que as condicións ambientais están controladas e normalizadas, de modo que:
- Pódese asegurar que non se producen influencias estrañas (ás coñecidas ou previstas) que alteren o resultado do experimento ou medición: Control.
- Garántese que o experimento ou medición é repetible, é dicir, calquera outro laboratorio podería repetir o proceso e obter o mesmo resultado: Normalización.
Índice |
[editar] Condicións de laboratorio normalizadas
[editar] Temperatura
A temperatura ambiente normal é de 20 ºC, variando as tolerancias en función do tipo de medición ou experimento a realizar. Amais, as variacións da temperatura (dentro do intervalo de tolerancia) han de ser suaves, por exemplo en laboratorios de metroloxía dimensional, limítase a 2 ºC/h (sendo o intervalo de tolerancia de 4 ºC).
[editar] Humidade
Usualmente convén que a humidade sexa a menor posible porque acelera a oxidación dos instrumentos (comunmente de aceiro); así a todo, para lograr a habitabilidade do laboratorio non pode ser menor do 50%.
[editar] Presión atmosférica
A presión atmosférica normalizada acostuma a ser, en laboratorios industriais, lixeiramente superior á externa (25 Pa) para evitar a entrada de aire sucio das zonas de produción ó abrir as portas de acceso. No caso de laboratorios con risco biolóxico (manipulación de axentes infecciosos) a situación é a contraria, xa que debe evitarse a saída de aire do laboratorio que pode estar contaminado, polo que a presión será lixeiramente inferior á externa.
[editar] Alimentación eléctrica
As variacións da tensión da rede deben limitarse cando se realizan medidas eléctricas que poden verse alteradas pola variación da tensión de entrada nos aparatos.
[editar] Po
Contrólase, por exemplo, en laboratorios de interferometría xa que a presenza de po modifica o comportamento da luz ó atravesar o aire.
[editar] Vibración e Ruído
Á marxe da incomodidade que supón a súa presenza para investigadores e técnicos de laboratorio, poden falsear medicións realizadas por procedementos mecánicos. É o caso, por exemplo, das Máquinas de medir por coordenadas.
[editar] Tipos de Laboratorios
[editar] Laboratorio de metroloxía
Os laboratorios de metroloxía clasifícanse xerarquicamente de acordo á calidade dos seus patróns. Inda que as estruturas poden variar en cada país, por regra xeral existen tres niveis:
- Laboratorio nacional: É o que posúe o patrón nacional primario e os nacionais de transferencia (os empregados realmente para evitar o desgaste do primario).
- Laboratorio intermedio: Tipicamente son laboratorios de Universidades, Centros de Investigación e similares.
- Laboratorio industrial: Nas propias instalacións da empresa, para a realización do control de calidade ou o ensaio de prototipos.
As condicións serán tanto máis estritas canto máis alto o nivel do laboratorio.
En calquera dos niveis, os laboratorios poden ser clasificados en función da natureza das medicións realizadas: metroloxía dimensional, metroloxía eléctrica, ensaio de materiais, etc.
[editar] Laboratorio químico
[editar] Laboratorio biolóxico
[editar] Evolución histórica do laboratorio
A historia do laboratorio está influída pola historia da medicina xa que o home, ó profundar sobre como é o seu organismo, require cada vez laboratorios máis sofisticados.
[editar] Técnicas analíticas
- Gravimetría
- Volumetría
- Condutimetría
- Espectrofotometría
- Fotometría de chama
- Absorción atómica
- Espectrometría de masas
- Cromatografía
- Iónica
- De gases