Hans Kelsen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hans Kelsen (Praga, República Checa,11 de outubro de 1881 – Orinda, California, E.U.A. 19 de abril de 1973) foi un xurista estadounidense de orixe austríaca. Creou a « teoría pura do Dereito », o normativismo e o principio da pirámide das normas.
Kelsen pertenceu ao movemento do positivismo xurídico, que é unha corrente do positivismo xeral, fundada por Augusto Comte.
Ensinou no Juridicum de Viena entre 1911 e 1929. Veuse obrigado a fuxir de Austria logo do Anschluss a causa da súa ascendencia xudea, exiliándose aos Estados Unidos onde se inclinou polo dereito teórico.
Índice |
[editar] A teoría pura do Dereito
Para Kelsen a lei é norma positiva (é dicer "posta" polos homes e non por un ser transcendente). Por outra banda, a norma é relativa, sen fundamento algún na Verdade. Non se pode falar, desde a súa perspectiva, dunha lei natural, polo menos non no ámbito xurídico. Segundo a teoría de Kelsen, o Dereito está constituído só e exclusivamente das normas positivas e válidas do ordenamento xurídico, sexa cales fosen os preceptos que conteñan. De aí que a súa teoría sexa denominada Doutrina Pura do Dereito, como unha das súas obras máis coñecidas. Consonte o pensamento kelsiano o ordenamento xurídico é o obxecto do dereito, non outro.
[editar] Normativismo e pirámide das normas
Hans Kelsen fundou a escola normativista e figurou na orixe de la teoría dita da pirámide das normas. Esta teoría dotou dunha base obxectiva e laica no ordeamento das das diferentes fontes do dereito , asegurando así unha explicación racional ao principio de xerarquía das normas. O principio fundamental desta teoría apóiase sobre da idea de conformidade. De xeito que unha norma inferior válida non pode ser contraria á norma inmediatamente superior. Se tal fose o caso, un contencioso podería desembocar na « anulación » ou na « corrección » da norma inferior contraria inválida.
Esta sinxedla e elegante consideración teórica permite explicar e favorecer a aparición do control constitucional nos países occidentais nos que esta práctica era descoñecida, nomedamente en Europa. Nos Estados Unidos practcábase este tipo de control desde inicios do século XIX (ver Marbury vs Madison).
Na cimeira da pirámide, o autor coloca unha norma hipotética fundamental (Grundnorm), que asegura a coherencia do conxunto, aínda que ao prezo, porén, de recorrer a unha ficción xurídica. O carácter hipotético desta norma levou aos seus detractores a afirmar que o autor non fora capaz de se desprender dos postulados do Dereito natural, segundo os cales a lexitimidade do dereito emana da divindade ou da mesma natureza.
Consciente destas crítica, kelsen procedeu a efectuar importantes refundicións da súa teoría, se ben se distingue, polo xeral, de dúas épocas na súa obra: antes e despois do exilio norteamericano.
[editar] Alén do Dereito
Alén das contribucións de Hans Kelsen para a ciencia xurídica, o xurista descorreu, tamén profusamente. sobre política, socioloxía e relixión. Foi un respeitado teórico da democracia.
[editar] Influencia
Kelsen colaborou na redacción da Constitución de Austria de 1920.
A difusión internacional do pensamento de Hams Kelsen fixo de el unha saliente figura da teoría xeral do dereito no século XX.
[editar] Principais obras do autor
Velaí unha selección de obras do xurista en castelán, inglés e portugués:
- KELSEN, Hans (1934) Teoría General del Estado. Barcelona, Editorial Labor.
- KELSEN, Hans (1945) Naturaleza y Sociedad. Buenos Aires, Editorial Depalma.
- KELSEN, Hans (1951) The Law of the United Nations. Nova York, Frederck A. Praeger
- KELSEN, Hans (1952) Principles of International Law. Nova York, Reihart and Company
- KELSEN, Hans (2000d) A Democracia. São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans (2002) Direito Internacional e Estado Soberano. São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans (2003) Jurisdição Constitucional. São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans (2003) O Estado como Integração. São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans Teoría Comunista del Derecho. Buenos Aires, Emece.
- KELSEN, Hans. (1996). Teoria Geral das Normas. Sérgio Antônio Fabris: Porto Alegre.
- KELSEN, Hans. (1998) O problema da justiça. São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans. (2000a) Teoria Pura do Direito. São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans. (2000b) Teoria Geral do Direito e do Estado São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans. (2000c). A Ilusão da Justiça. São Paulo, Martins Fontes.
- KELSEN, Hans. (2001) O que é justiça?. São Paulo, Martins Fontes.