Hans Urs von Balthasar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hans Urs von Balthasar (Lucerna 1905 - Basilea 1988) foi un teólogo católico suízo.
Estudou en Viena, Berlín e Zurich, licenciándose en literatura alemá. En 1928 entrou nos xesuítas, e ordenouse en 1936, traballou en Basilea como capelán de estudantes. En 1950 deixou os xesuítas, e as autoridades relixiosas prohíbenlle dar clases, tras a celebración do Concilio Vaticano II rehabilítase a súa figura, e en 1988 foi nomeado cardeal por Xoán Paulo II, pero morreu dous días antes da cerimonia.
Con Karl Rahner, Balthasar é un dos máis importantes teólogos católicos do século XX, Balthasar foi un tradicionalista pero á vez moi ecléctico nas súas fontes.