Hasio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O hasio (anteriormente chamado Unniloctio) é un elemento sintético da táboa periódica dos elementos cuxo símbolo é Hs e o seu número atómico é 108. O seu isótopo máis estable é o Hs-269, que ten un período de semidesintegración de 9.7 segundos.
[editar] Historia
O hasio foi sintetizado por primeira vez en 1984 polo grupo de investigación alemán Gesellschaft für Schwerionenforschung (GSI) localizado en Darmstadt. O nome hasio proposto polo grupo débese ao estado alemán de Hesse no que se atopa o GSI.
Houbo unha controversia sobre o nome dos elementos 101 a 109. Inicialmente a IUPAC adoptou o nombre unniloctio (de símbolo Uno) como un nome temporal e sistemático para este elemento. En 1994 a IUPAC recomendou o nome hahnio para o elemento 108, pero finalmente adoptouse internacionalmente o nome hasio en 1997.