Herulos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os hérulos eran una tribo xermánica clasificada na gran confederación dos suevos.
Teñen a súa orixe nas costas da actual Pomerania. Os hérulos participaron de xeito activo na destrucción do Imperio Romano de Occidente. A pesares da súa respectable forza de combate, as disensións internas provocaron numerosas loitas de poder que remataron por debilita-los. O caudillo hérulo máis coñecido foi Odoacro, que no 476 depuxo ó derradeiro emperador de Roma, Rómulo Augústulo.gl:Hérulos