Imperio Romano de Occidente
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Imperio Romano de Occidente é o nome que se lle deu ó Imperio Romano despois da súa división por Diocleciano no ano 286. Tivo unha existencia política separada tras a morte de Teodosio I (395), quen deixou a parte occidental do seu imperio a Honorio.
O Imperio Romano de Occidente finalizou oficialmente coa abdicación de Rómulo Augústulo o 4 de setembro de 476 polas presións do xefe xermánico Odoacro.