Heterónimo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En crítica literaria, os heterónimos son os diversos nomes (diferentes de pseudónimos) asumidos por un mesmo escritor. Os máis coñecidos son os do poeta portugués Fernando Pessoa: Alberto Caeiro, Álvaro de Campos ou Ricardo Reis.
Na gramática tradicional, as palabras heterónimas son as que teñen raiz diferente mais que forman xuntas unha estrutura semántica, como os nomes de parentesco (nai, pai, nora, xenro, etc.) os nomes de cor, os graos militares, etc.