Palabra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha palabra é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (salvo nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado.
A ciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é a morfoloxía.
As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa acentuación ou segundo o seu número de sílabas.
Índice |
[editar] Segundo a clase de palabras á que correspondan
- adxectivo
- adverbio
- substantivo
- verbo
- determinante (artigo, demostrativo, posesivo...)
- persoal
- conxunción
- preposición
- interxección
[editar] Segundo a súa acentuación
- As palabras agudas son aquelas na que recae o acento na última sílaba. Por exemplo: canón.
- As palabras graves son aquelas nas cales o acento recae na penúltima sílaba. Por exemplo: padiola.
- As palabras esdrúxulas son aquelas nas que recae o acento na antepenúltima sílaba. Por exemplo: cóengo.
[editar] Segundo o seu número de sílabas
- palabra monosílaba: aquela palabra cunha soa sílaba. Por exemplo: sol.
- Palabra bisílaba: aquela palabra con dúas sílabas. Por exemplo: guión, fiel, baúl
- Palabra trisílaba: aquela palabra con tres sílabas. Por exemplo: muíño, saía, óeas, vídeo
[editar] Véxase tamén
- Lexia
[editar] Enlaces exteriores
- Sobre a palabra e clases de palabras (nivel avanzado) artigo escrito por José Manuel González Calvo e publicado pola Revista Española de Lingüística.