Homo erectus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Template:Taxonomia O Homo erectus é unha especie homínida, probablemente antecesor dos modernos humano, que se atopa desde o Pleistoceno en diante.
Descubriuna Eugène Dubois en 1891 en Xava. O primeiro en propoñer o nome foi Ernst Mayr para unificar a clasificación dos fósiles asiáticos. Tiña feituras dun humano moderno, cunha capacidade cranial maior ca do Homo habilis. A fronte era menos prominente e presentaba protuberancias óseas enriba das órbitas dos ollos, coñecidos como arcos superciliares, e os dentes máis pequenos, deseñados para mastigar materiais vexetais duros e carne. O cerebro era o 74% do dos humanos modernos, e de altura alta (1'79 m de media).
O Homo erectus tamén empregou utensilios máis diversos e sofisticados que os seus predecesores. Unha teoría é que o Homo erectus primeiro usou útiles do estilo da cultura de Olduvai e posteriormente usounas da cultura achelense. Os útiles que conservamos de ambos os dous periodos son de pedra. Os útiles de Olduvai son os útiles coñecidos máis antigos e teñen unha antigüídade de 2'4 millóns de anos. A cultura achelense comeza hai 1'2 millóns de anos e finalizou hai 500.000 anos. A innovación máis importante está asociada cos machados achelenses, nos que se traballaba a pedra nos dous lados para poder cortar obxectos.
O Homo erectus foi, xunto o Homo ergaster, o primeiro homínido que tivo como actividade principal a caza, permanecendo a busca de presa como activade secundaria. Foi a primeira especie humana en saír de África: dende o Gran Val do Rift migraou ata o Mar Vermello e Asia e Europa, aprendendo a dominar o seu contorno pola primeira vez, creando posibelmente os rudimentos da linguaxe.
Hai dúbidas sobre se foi capaz de controlar o lume. A evidencia máis antiga de control do lume data de hai 300.000 anos no xacemento de Terra Amata (na costa mediterránea francesa) e o sitio semella estar ocupado por Homo erectus. Semella que houbo outros lugares onde tamén houbo control do lume, datados entre 500.000 e 1.5000.000 en Francia, China e outras áreas, pero dubídase da súa veracidade.
Franz Weidenreich descubriu o xacemento máis importante de Homo erectus en Zhoukoudian, preto de Beijing, que recibiu primeiro o nome de Sinanthropus pekinensis ou Home de Pekín, aínda que máis tarde clasificáronse como H. erectus. O cráneo da táboa taxonómica procede do xacemento de Tautavel, no sul de Francia, excavado por Henry de Lumley.