Honorio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flavius Honorius (Constantinopla, 9 de setembro de 384 - 15 de agosto de 423) foi un emperador romano, fillo do emperador Teodosio e maila sua esposa Aelia Flaccilla.
No 393, Teodosio habia nomeado a Honorio coma o seu sucesor e augustus, e cando no 395 se sinte morrer en Milán, o declara emperador da zoa accidental do Imperio, e o seu irmán maior Arcadio, da zoa oriental.Contaban dez e dazaoito anos de idade respectivamente,polo que veuse obrigado a nomear tutores. No caso de Honorio, correspondeulle a Flavio Estilicón, xeneral de orixe vándalo, que estaba casado con unha sobriña do emperador Teodosio, con quen habia tido unha filla, e que habian acordado que esta se casaria con Honorio cando acadase a idade do matrimonio.
[editar] Invasións bárbaras. Cara o fin dun imperio
Honorio era un home de caracter debil e moi lonxe das cualidades que tiña o seu pai coma gobernante. Non moi intelixente( alguns historiadores chegan a conclusions de que poderia ser algo retrasado), sempre estivo en mans de personaxes fortes e que lle foron fieles e leais.Casou duas veces, con Maria e mais Thermancia, ambalas duas fillas do xeneral Estilicón, pero non tivo descendencia nin nunca foron recoñecidas coma augustas, polo que non se teñen moedas e retratos de seu.Hai duas etapas ben diferenciadas na xuventude de Honorio, e amosan no tempo de quen levou o goberno do Imperio.
A primeira delas,entre os anos 395 ao 408, en mans de Estilicon, sendo Honorio ainda un neno.O tempo das invasions barbaras se recruen e os visigodos, despois dunha tentativa de Estilicon de vencelos en Grecia, no 398, se aposentan nas terras da Iliria, cedidas polo enperador Arcadio. Pero no ano 400 invaden Italia, e Estilicon tarda en reaccionar dous anos, pero o final os vence en Pollentia ( a aitual Pollencia) e mais tarde en Verona, polo que Alarico, o rei dos visigodos se retira de novo a Iliria.Pero aquel intento fracasado de Alarico tivo coma consecuencia o traslado da corte de Milán a segura Ravena, cidade defendible polas suas murallas e mais os pantanos e baixos que habia o seu arredor. A influencia de Milán escomenza deste xeito a verse mermada, asi coma a do seu bispo.
Os suevos lanzanse sobre Italia o traveso dos Alpes. Estilicon logra detelos, pero deixando desprotexida a fronteira do Rhin, pola que no 404 se lanzan os ostrogodos, mandados por Radagaiso, pero de novo Estilicon os vence. Son de novo os suevos os que penetran na Galia co seu xefe Hermenerico a fronte. Lle siguen os vandalos con Gunderico e un continxente importante de alanos.Estilicon habia rexeitado as invasions concentrando as suas tropas dispoñibles en Italia, e desprotexendo todo o Imperio. Esta situación deu lugar a que en Britannia, as tropas nomeasen emperador a Constantino.
Este usurpador pasou coas tropas a Galia, empurrando a suevos,vandalos e alanos cara o sur, a Hispania. Os britanos mentras tanto se tiñan que defender dos pictos e piratas saxons coma podian, e os escotos aproveitaron a ocasion para establecerse de xeito permanente en territorio britano.O usurpador Constantino nomea o seu fillo Constante augustus e o envia a Hispania para loitar contra os barbaros, mentras el faille fronte a unha invasión dos burgundios, aos que vence e fainos os seus aliados, pero das tropas do Rhin.
Mentras tanto, Estilicón orgaiza unha expedición cara a Galia, pero as suas tropas se amotinan, é Honorio non atopa millor solucion que ordear a decapitación do seu millor xeneral. Pero a morte de Estilicón no 408 non lle gustou a moitos godos que formaban parte do exercito romano, asi como certas medidas antiarrianas tomadas polos sucesores de Estilicon. Decenas de miles de godos se xunguiron a Alarico, quen aproveitou a ocasion para invadir de novo Italia e chegando as portas de Roma axiña. Alarico pidiu terras para os godos en Italia, xa que non era conscente de que a descomposición do Imperio o facia dono e señor de Italia, pero a fama de Roma ainda pesaba moito nas concencias dos barbaros. Se pensaba que Roma ainda era capaz de montar un exercito e barrer os godos de Italia. Pero a realidade era outra, e non habia medios para lle facer fronte.
Pero a esta petición de Alarico, Honorio se negou, e Alarico sitiou Roma,tentando deste xeito que Honorio cedese. Pero este estaba a salvo en Ravena, polo que se negou de novo e Alarico no 410 entra en Roma después de que a cidade se rindise. Era a primeira vez en oitocentos anos que un exercito inimigo entraba na cidade eterna.A impresión en occidente foi enorme. Pero Alarico só estivo uns dias na cidade, e mais coma un turista que coma vencedor. Leva a Gala Placidia, irmán de Honorio, coma refén, i entregouna coma esposa o seu cuñado Ataúlfo. Se dirixe cara o sur, tentando de atravesar o Mediterraneo cara a Africa, e apoderarse de Sicilia. Pero a flota que o tiña que transportar asulagase e vese obrigado a voltar, pero colle unhas febres e morre. Os visigodos elixen o seu cuñado Ataúlfo coma xefe.Este leva as tropas visigodas o norte.
Mentras tanto, a situación no resto do Imperio se degrada. Constante, o fillo do usurpador Constantino, e asesiñado en Hispania, e Maximo na provincia Tarraconense se proclama emperador.Na Galia, aparece un novo emperador, os irmans Jovino e Sebastián, en Italia, é un emperador titere dos visigodos Prisco Atalo. Honorio non fai nada para tentar de solucionar a desastrosa situación que esta a caer no Imperio. Pero atopa nun xeneral, Constancio, que iba a deter estas graves ameazas para o Imperio Romano é unha relativa recuperación.
Constancio se dirixe a Galia e vence a Constantino en Arlés. O hispano Maximo fuxe de Hispania e se refuxia alén das raias xermanas, desaparecendo. De Jovino, quen habia chegado a un acordo cos visigodos para defender a terra, Ataúlfo chega a un acordo co xeneral Constancio, para se dirixir a Hispania e librala dos barbaros. Entrega a Jovino, quen e inmediatamente executado.
Os visigodos se dirixen a Hispania e son conscentes entón de que se poden convertir en un pobo cun reino independente. o posto de rei empeza a ser teimado por alguns, xa que pouco despois da sua chegada, Ataúlfo é asesiñado. O seu sucesor durou sete dias e foi o rei Valia, quen se dirixira a Africa en busca de provisions quen de novo se dirixe a Honorio para acadar este aprovisionamento a cambeo da devolución de Gala Placidia, irmán de Honorio e coa que habia casado Ataúlfo.era o ano 416.
[editar] A sua Morte
No ano 421, Constancio é elevado a categoria de augustus, pero ainda que morre pouco despois, o seu fillo chegaria a ser emperador có nome de Valentiniano III. Este fillo o tivo con Gala Placidia, casada con Constancio a sua volta de Hispania. Mentras tanto, Honorio esmorece en Ravena, onde no ano 423 morre de hidropesía.
O seu tempo estivo suliñado polas grandes invasions barbaras, pero dentro dos anias do imperio Romano non se atopa un emperador mais desastroso. A Galia, Hispania e Britannia xa nunca voltaran o Imperio. Entre as suas derradeiras decisions, foi chegar a un acordo con Valia para formar o Reino de Tolosa, que lle entregaba parte do sur da Galia a cambeo de que os visigodos acabasen cos vandalos e alanos en territorio hispano. O recoñecemento por parte de Roma deste reino, acelerou dun senso irremediable o derrube do imperio Romano de Occidente.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Teodosio I |
Honorio (393-423) |
Precede a: Xoán |
Imperio do Occidente |