Hospital Central
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hospital Central é unha serie española emitida por Telecinco desde o ano 2000 e que actualmente prepara a súa decimoterceira temporada.
Lévanse emitidos máis de 170 capítulos, sendo as últimas temporadas as que acadaron os mellores resultados de audiencia desde o comezo das emisións.
A serie narra as historias dun hospital madrileño mesturando as tramas médicas coas persoais protagonizadas polos profesionais que traballan no centro médico.
Nos seus inicio estaba protagonizada por Sergi Mateu e María Casal, que xa non seguen na serie. Completaban o reparto da primeira temporada Ángel Pardo, Lola Casamayor, Rosa Mariscal, Chusa Barbero, Jesús Cabrero, Reyes Moleres, Diana Lázaro e os os actores que aínda seguen formando parte do elenco na actualidade: Jordi Rebellón, Antonio Zabálburu, Fátima Baeza, Marisol Rolandi e Ángel Rouco. Xunto a eles, forman o reparto actual Alicia Borrachero, Diana Palazón, Patricia Vico, Roberto Drago,Nacho Fresneda, Jesús Olmedo, Patricia Vico, Beatriz Segura e Iván Sánchez.
En temporadas intermedias foron actores fixos da serie Lola Marceli, Paulina Gálvez, Amaia Lizaralde, Alicia Bogo, Armando del Río, Marco de Paula, Merce Llorens, Leticia Dolera, ou Luis Marco entre outros.
Tamén houbo cameos de multitude de actores e artistas coñecidos entre os que podemos citar a Pilar Bardem, Fernando Guillén, Óscar Jaenada, Elsa Pataky, Ruth Núñez, Alberto Jiménez, Mariví Bilbao, Lolita Flores, Agustín González, José Luis López Vázquez, Paloma y Fernanda Hurtado, Miguel Ángel Múñoz, Yohana Cobo, Remedios Cervantes, María Isbert, Eva Isanta, Fran Perea, José Ángel Egido, Sonia Castelo, Luis Merlo, Chenoa, Emma García, Julieta Venegas, Llum Barrera, Jorge Sanz, Silvia Tortosa, Fiorella Faltoyano, Isabel Prinz, Carmen Rossi, Cesáreo Estébanez, Víctor Mosqueira, Carlos Blanco, Monti Castiñeiras, Amparo Climent, Camila Bossa, Xosé Manuel Olveira "Pico", Guillermo Montesinos, Luisa Martín, Sancho Gracia e Asunción Balaguer entre outros moitos.