Hristo Stoichkov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hristo Stoichkov | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Hristo Stoitchkov | ||
Alcume: | {{{alcume}}} | ||
Data de nacemento: | 8 de febreiro de 1966 | ||
Lugar de nacemento: | Plovdiv, Bulgaria | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Dianteiro | ||
Altura: | 1,78 metros | ||
Partidos internacionais: | 83 | ||
Goles: | |||
Ano do debut: | 1981 | ||
Clube do debut: | Maritza Plovdiv | ||
Ano do retiro: | 2004 | ||
Clube do retiro: | DC United |
Hristo Stoichkov (nado en Plovdiv, Bulgaria, 8 de febreiro de 1966), ex-futbolista e adestrador búlgaro. Na actualidade é o adestrador do Celta de Vigo.
Índice |
[editar] Biografía
Debutou en 1981 nun equipo de 2ª división de Bulgaria, o Maritza Plovdiv, para fichar en 1982 polo Zhevros Jarmanli.
MArchou ó CSKA de Sofía en 1985, onde gañou tres ligas e catro copas de Bulgaria.
En xullo de 1990 fichou polo FC Barcelona, que pagou por el 400 millóns de pesetas, e co que gañou catro ligas consecutivas, unha Copa de Europa (1992), tres Supercopas españolas e unha Supercopa de Europa de Fútbol (1993).
Ao longo desta época Hristo converteuse nunha estrela do Barça, e para moitos é un dos mellores xogadores que pasaron polo Camp Nou. Amáis foi un dos protagonistas indiscutibles do chamado "Dream Team" blaugrana, xunta Andoni Zubizarreta, Albert Ferrer, Ronald Koeman, Miguel Angel Nadal, Josep Guardiola, José Mari Bakero, Michael Laudrup, Eusebio Sacristán, Txiki Begiristain, Julio Salinas e máis tarde, Romário.
Na tempada 1990-91 foi sancionado ó longo máis de media liga por pisar ó árbitro Urízar Azpizarte. En 1995 fichou polo Parma italiano, pero regresou ó F. C. Barcelona en 1996, equipo que abandonou para voltar ó CSKA de Sofía en 1998. Despois xogou en Ó Nasr de Arabia Saudí, no Kashiwa Reysol xaponés, no Chicago Fire e no DC United de Estados Unidos, onde colgou as botas no 2004.
Foi galardoado coa Bota de Ouro, xunto ó mexicano Hugo Sánchez en 1990, Balón de Ouro (1994) e segundo mellor xogador do mundo segundo a FIFA en 1995. Está incluído na lista FIFA 100.
Coa selección do seu país alcanzou as semifinais da Mundial de Fútbol EEUU 1994. Tras 17 anos na selección, xogou o seu derradeiro partido co combinado búlgaro fronte á Inglaterra en 1999.
En 2004 asumiu o cargo de seleccionador nacional do seu país. O feito destacado deste período de técnico é que o capitán do equipo, Stilian Petrov, decidiu deixa-la selección, o día 12 de outubro de 2006, por non estar de acordo con Hristo. É o terceiro xogador do equipo e o segundo capitán que sae do equipo en dous anos por diferenzas con Stoichkov.
O 10 de abril dimitiu como seleccionador búlgaro para facerse cargo do banco do Celta.
[editar] Traxectoria
temp. | club | país | liga | part. | goles | Comp.europeas (partidos) |
Comp. europeas (goles) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1980/81 | Maritza Plovdiv | Bulgaria | Professional B Football Group | 1 | 0 | -- | -- |
1981/82 | Zavod "Yuri Gagarin" | Bulgaria | Amateur V Football Group | 16 | 3 | -- | -- |
1982/83 | USM Plovdiv | Bulgaria | Amateur V Football Group | 4 | 1 | -- | -- |
1982/83 | Hebros Harmanli | Bulgaria | Amateur V Football Group | 11 | 4 | -- | -- |
1983/84 | Hebros Harmanli | Bulgaria | Amateur V Football Group | 21 | 10 | -- | -- |
1984/85 | CSKA Sofía | Bulgaria | Professional A Football Group | 11 | 0 | -- | -- |
1985/86 | CSKA Sofia | Bulgaria | Professional A Football Group | 0 | 0 | -- | -- |
1986/87 | CSKA Sofia | Bulgaria | Professional A Football Group | 25 | 6 | 2 | -- |
1987/88 | CSKA Sofia | Bulgaria | Professional A Football Group | 27 | 14 | 2 | 0 |
1988/89 | CSKA Sofia | Bulgaria | Professional A Football Group | 26 | 23 | 8 | -- |
1989/90 | CSKA Sofia | Bulgaria | Professional A Football Group | 30 | 38 | 6 | -- |
1990/91 | FC Barcelona | España | Primera División | 24 | 14 | 9 | 6 |
1991/92 | FC Barcelona | España | Primera División | 32 | 17 | 11 | 4 |
1992/93 | FC Barcelona | España | Primera División | 34 | 20 | 4 | 0 |
1993/94 | FC Barcelona | España | Primera División | 34 | 16 | 12 | 6 |
1994/95 | FC Barcelona | España | Primera División | 27 | 9 | 8 | 3 |
1995/96 | AC Parma | Italia | Serie A | 23 | 5 | 6 | -- |
1996/97 | FC Barcelona | España | Primera División | 22 | 7 | -- | -- |
1997/98 | FC Barcelona | España | Primera División | 4 | 0 | -- | -- |
1997/98 | CSKA Sofia | Bulgaria | Professional A Football Group | 4 | 1 | -- | -- |
1997/98 | Al-Nasr | Arabia Saudí | Saudi Premier League | 2 | 1 | -- | -- |
1998 | Kashiwa Reysol | Xapón | J-League | 12 | 5 | -- | -- |
1999 | Kashiwa Reysol | Xapón | J-League | 16 | 8 | -- | -- |
2000 | Chicago Fire | Estados Unidos | Major League Soccer | 18 | 12 | -- | -- |
2001 | Chicago Fire | Estados Unidos | Major League Soccer | 17 | 10 | -- | -- |
2002 | Chicago Fire | Estados Unidos | Major League Soccer | 16 | 6 | -- | -- |
2003 | DC United | Estados Unidos | Major League Soccer | 21 | 5 | -- | -- |
Total | 458 | 234 |
[editar] Palmarés
[editar] Títulos nacionais
Co CSKA Sofia
- 3 Liga Búlgara (86/87,88/89,89/90)
- 3 Copa Búlgara (1987, 1988, 1989)
- 1 Supercopa Búlgara (1989)
Co FC Barcelona
- 4 Ligas españolas (90/91,91/92,92/93,93/94)
- 1 Copa del Rey (1997)
- 4 Supercopa de España (1992,1993,1995,1996)
[editar] Títulos Internacionais
Co FC Barcelona
- 1 Copa de Europa (1992)
- 1 Recopa de Europa de Fútbol (1997)
- 2 Supercopa de Europa de Fútbol (1993,1997)
[editar] Trofeos españois
- 5 Trofeo Joan Gamper (1990,1991,1992,1997 e 1998)
- 2 Trofeo Teresa Herrera (1990 e 1993)
- 2 Copa Cataluña (1991 e 1993)
[editar] Títulos Individuais
- Balón de Ouro en 1994.
- Bota de Ouro na tempada 1989-1990 con 38 goles compartido con Hugo Sánchez.
- Onze de Ouro en 1992.
- Máximo goleador da Liga de Campións con 5 tantos en 6 encontros na tempada 1993-1994.
- Elixido mellor goleador do año 1994 pola IFFHS.
[editar] Participacións en Mundiais
Coa Selección de Bulgaria
- Mundial de Fútbol EEUU 1994 (Bulgaria quedou cuarta ó ser eliminada pola Italia nas semifinais. Stoitchkov anotou 6 goles en 7 encontros, sendo o máximo goleador do torneo xunta Oleg Salenko)
- Mundial de Fútbol Francia 1998 (Bulgaria no pasou da primeira fase onde quedó cuarta do grupo D con un só punto. Stoitchkov non anotou gol algún en 3 encontros).
[editar] Participacións na Eurocopa
Coa Selección de Bulgaria
- Eurocopa de Inglaterra en 1996 (Bulgaria caeu na primeira fase ó quedar terceira do Grupo B con 4 puntos. Stoitchkov anotou 3 goles en 3 encontros).