Balón de Ouro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Balón de Ouro (Ballon d'Or en francés e Golden Ball en inglés) e un premio futbolístico creado no ano 1956 pola revista France Football. En inglés coñécese a este galardón coma European Footballer of the Year(Futbolista europeo do ano)
O trofeo entrégase anualmente ao mellor xogador do pasado ano. Para entrar nesta loita o xogador debe estar nun clube de dentro da xurisdicción da UEFA. Até o ano 1995 só se consideraban candidatos os futbolistas europeos. A votación faise entre un grupo de xornalistas europeos.
A pesar da recente creación doutros premios semellantes por parte da FIFA quizáis, pola súa antigüedade e pola categoría dos que o gañaron, sexa este o trofeo individual máis prestixioso do mundo.
Só tres futbolistas chegaron a levarse o premio tres veces, Johan Cruyff e Marco van Basten de Holanda e Michel Platini de Francia