Hugh Laurie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
James Hugh Calum Laurie (nado o 11 de xuño de 1959 en Oxford) é un actor e escritor inglés, coñecido polo seu papel de Dr. Gregory House na serie televisiva House, M.D.
Laurie naceu e creceu en Oxford, onde asistiu ó Dragon School. Posteriormente acudiu ó Eton College, acabando finalmente no Selwyn College, pertencente á Universidade de Cambridge, onde estudou Arqueoloxía e Antropoloxía. O seu pai fora medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1948 en remo, e el formou parte do equipo de remo na universidade, participando na Competición Anual de Remo entre Oxford e Cambridge de 1980, resultando ese ano perdedora Cambridge.
No seu primeiro ano de universidade, Laurie coñeceu a Emma Thompson. Ademais, uniuse ó Cambridge Footlights, que fora o impulsor de exitosos comediantes británicos desde que se creou. Nel coñeceu, tamén, ó seu amigo Stephen Fry, co que compartiría escena en múltiples ocasións. No seu último ano, 1981, foi presidente do Footlights Club, mentres que Emma Thompson era a vicepresidenta.
Fry e Laurie formaron un dúo humorístico na serie da BBC A Bit of Fry and Laurie (1989-1995) e en Jeeves and Wooster (1990-1993)
[editar] Filmografía
- House, M.D. (2004-) - Dr. Gregory House
- Flight of the Phoenix (2004) - Ian
- Stuart Little 2 (2002) - Mr. Frederick Little
- Chica de Río (2001) - Raymond
- Maybe Baby (2000) - Sam Bell
- Stuart Little (1999) - Mr. Frederick Little
- Blackadder Back and Forth (1999) - Visconde George Bufton-Tufton/Georgius
- 101 Dalmatians (1996) - Jasper
- Sense and Sensibility (1995) - Mr. Palmer
- Peter's Friends (1992) - Roger Charleston
- Jeeves and Wooster (1990-1993) - Bertie Wooster
- Blackadder Goes Forth (1989) - George Colhurst St. Barleigh
- A Bit of Fry and Laurie (1989-1995) -
- Blackadder the Third (1987) - George, Príncipe de Gales