Oxford
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Oxford é unha antiga cidade universitaria inglesa no condado de Oxfordshire, en Inglaterra. Segundo o censo de 2001 a súa poboación é de 134.248 habitantes. A súa posición xeográfica é 51º44'29N 1º16'38W (corresponde á Torre Carfax, considerada como o centro da cidade).
Oxford está situada a unhas 50 millas (80 quilómetros) ao noroeste de Londres; as cidades están unidas pola autopista M40, que tamén enlaza ao norte con Birmingham.
A Canle de Oxford conecta co río Támesis en Oxford. A cidade conta cun aeroporto, situado en Kidlington, que ofrece servizos aéreos de negocios e xerais.
[editar] Historia
A cidade foi ocupada por vez primeira na época dos saxóns e menciónase por vez primeira nun escrito das crónicas anglosaxonas do ano 912. A Universidade de Oxford é a máis antiga de Inglaterra e menciónase por vez primeira no século XII.