Iberoamérica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belice, Surinam e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.