Jacob Talmon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jacob Leib Talmon (1916-1980) foi un historiador israelí na Universidade Hebrea de Xerusalén, especializado na Revolución francesa. Cuñou os termos democracia totalitaria e mesianismo político.
Os seus principais traballos son As orixes da democracia totalitaria (1952) e Mesianismo político: a fase romántica (1960).