Jeanne Villepreux-Power
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marina Jeanne Villepreux-Power (Juillac, 1794-1871) foi unha bióloga.
Filla dun zapateiro, emigrou a París, onde chegou a ser unha brillante axudante de costureira e fíxose afamada pola creación do traxe de voda dunha princesa. Tras coñecer un rico comerciante e nobre inglés en Sicilia, James Power, casou en 1818 en Mesina, pasando a vivir en Sicilia durante 20 anos.
Converteuse en naturalista, a primeira (1832) que creou e usou acuarios para experimentacións no medio acuático, polo que é recoñecida como a nai da acuariofilia. De 1832 a 1842 foi a única muller na Academia Catania e membro corresponente da Sociedade Zoolóxica de Londres (máis outras 16 academias). Escribiu varios libros, publicando a Sociedade Histórica de Mesina Guida per la Sicilia, un brillante e erudito inventario do entorno da illa. Foi famosa en toda Europa polo seu traballo sobre a cuncha do argonauta. É mencionada nun libro francés de 1899, Les femmes dans la science, de Alphonse Rebiere.
O seu apelido, “Villepreux-Power”, lévao tamén un importante cráter de Venus.