Sicilia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sicilia é a máis grande illa do Mediterráneo e politicamente é unha rexion autónoma de Italia . Aínda que o italiano é a lingua oficial, a maior parte dos habitantes falan tamén o siciliano, lingua de orixe latina con influencias arabes, españolas, francesas e italianas.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Antigüidade
Os máis antigos pobos de Sicilia foron os Elymas no oeste, os Sicanas no centro, e os Siculos na parte oriental, estes últimos probablemente vidos do continente empurrando cara ao oeste da illa aos poboadores máis antigos. Estes son os que darán o seu nome ao país.
A Sicilia foi primeiro colonizada polos fenicios, os cartaxinenses e os gregos, que alí teñen deixado numerosos vestixios (teatro de Taormina, templos de Segesta, Agrigento e Selinonte, entre outros). Foi gobernada por príncipes chamados « tyranos », entre eles os famosos Denys o Antigo e Denys o Novo (que acolleu ao filósofo Platón), e logo caeu nas mans dos romanos despois da primeira guerra púnica, converténdose desde entón nunha importante fonte de cereais para Roma. O rei de Siracusa Hieron foi un fiel aliado dos romanos na segunda guerra púnica. Sicilia foi a base da resistencia dos últimos pompeianos mandados por Sextus Pompeio, fillo de Pompeio.
Despois da caída do imperio romano, Sicilia pasa ao imperio bizantino ata a súa conquista polos árabes do 827 ao 902.
[editar] Idade Media
A diversidade cultural e a tolerancia relixiosa caracterizaron o período musulmán. Unha familia de normandos (os fillos de Tancredo de Hauteville) conquistou as terras de Italia meridional, o papa encargoulle ao máis novo, Roger, invadir Sicilia para voltala ao catolicismo (estaba ocupada por bizantinos e sarracenos), e acorda a soberanía sobre as terras a conquistar. Isto lévao a cabo entre 1060-1090. O neto de Roger converte o territorio da illa en reino no 1130. Roger II, admirador da cultura musulmá, realizou unha política de tolerancia. O trono pasa, por herdanza, á dinastía xermánica dos Hohenstaufen que goberna a rexión a partir de 1194 e adopta Palermo como capital no 1220.
Conflitos entre os Hohenstaufen e o Papa provocan á morte de Manfredo de Sicilia en 1266 e comeza a conquista da illa por Carlos I de Anjou, conde de Anjou derrotando a Conradino en 1268, os partidarios da dinastía derrotada refúxianse na Coroa de Aragón. O 30 de marzo de 1282, o día de Pascua, nas Vésperas Sicilianas, provocadas polas taxas excesivas e explotada por Pedro III de Aragón, provocan o masacre dos franceses de Sicilia e a chegada dunha frota aragonesa á illa o 30 de agosto dirixida por Pedro III de Aragón, aclamado polo Parlamento de Sicilia como rei de Sicilia, Carlos tivo que abandonar a illa. En 1285 sucede a Pedro como rei de Sicilia o seu fillo Xaime, tanto Pedro como Xaime nomearon sicilianos nos cargos da illa cunha pequena minoría aragonesa en postos de responsabilidade pública, reduciron a presión fiscal e os comerciantes barceloneses aumentaron a súa influencia na illa.
En 1295 polo Tratado de Agnani Xaime renunciou a Sicilia devolvéndollo á Santa Sé para tentar calmar a situación internacional que provocara que Xaime sucedera ao seu irmán Afonso como rei de Aragón en 1291. Os sicilianos descontentos co tratado proclamaron rei a Federico, irmán de Xaime. Polo Tratado de Caltabellota (1302) recoñecíase a Federico como rei de Trinacria (a illa) e a Carlos de Anjou como rei de Sicilia (a península), pero aos poucos anos Federico asumiu de novo o título de rei de Sicilia, foi unha época de prosperidade económica agás nos últimos anos do seu reinado que se agravou durante os reinados de Pedro II de Sicilia, Luís I de Sicilia e Federico IV de Sicilia e aínda máis cando a Peste Negra chegou á illa (1348) e as loitas intestinas da nobreza entre os proaragoneses e os anxevinos. En 1377 grazas a unha dispensa papal a filla de Federico IV, María I de Sicilia converteuse na raíña da illa. O rei aragonés, Xoán I de Aragón que recoñecía ao papa de Aviñón conseguiu a dispensa para o matrimonio en 1391 entre o seu neto, Martiño o Novo e a raíña María, que residía en Cataluña tras ser secuestrada por un nobre siciliano, coa condición de conquistar Sicilia, o que tras unha longa resistencia dos baróns sicilianos conseguiu. Á morte de Martiño o novo en 1409 sen descendencia a coroa pasou a seu pai, Martiño de Aragón. En 1414 Fernando de Aragón declarou a unión perpetua das coroas de Aragón e Sicilia, gobernando Sicilia vicerreis en nome do rei.
[editar] Época contemporánea
No 1816, os Borbóns unificaron os dous reinos. Finalmente, no 1860, despois do desembarco de Giuseppe Garibaldi, a Sicilia xuntase a Italia.
A pesar dun certo desenvolvimento económico que seguiu á unificación coa Italia, Sicilia foi sobrepasada polo crecimento industrial das grandes zonas urbanas do norte de Italia. O crime organizado, coñecido baixo o nome de mafia, estendeu a sua influencia na fin do século XIX e foi parcialmente erradicado polo réxime fascista a fin dos anos 1920.
Na Segunda Guerra Mundial, a Sicilia foi liberada polos forzas anglo-americanas entre o 10 de xullo e o 16 de agosto do 1943.
Desde 1946, Sicilia é unha rexion autónoma e beneficiase da reforma agraria parcial de 1950-1962, así como dos subsidios especiais, fundos do goberno italiano para as rexions do Sur.
Unha ponte suspendida de 5300 metros está en proxecto, a Ponte de Messina (entre Sicilia e o continente italiano, prevista a inauguración no 2010), que será a máis longa ponte do mundo.estructurae
[editar] Sicilianos na historia
- Arquímedes - científico e filosofo
- Empédocles - filósofo
- Gorxias - filósofo
- Jawhar el-siqilli - xeneral e xefe de estado
- Frederico II emperador do Sacro Imperio Romano
- Leonardo Sciascia - escritor
[editar] Lugares altos
- A fonte de Acadina
- o Monte Erice
Rexións de Italia | ||
Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto |