Jorge Guillén
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jorge Guillén (Valladolid 1893 - Málaga 1984) foi un poeta español, membro da Xeración do 27.
Estudou en España, Suíza e Alemaña, doutourouse en letras pola Universidade de Madrid e foi profesor nas Universidades de Murcia e Sevilla e lector na Sorbona e Oxford.
Considerado o discípulo máis directo de Juan Ramón Jiménez, pola súa inclinación á poesía pura. Publicou a súa primeira colección de poemas en 1928, Cántico (edición definitiva 1950)
En 1938 por mor da guerra civil española exiliouse e viviu en Colombia, México, Porto Rico e sobre todo nos Estados Unidos. En 1976 recibiu o primeiro Premio Cervantes.
Clamor é unha obra pesimista, observa a miseria, guerra, dor e morte, consta de tres volumes: Maremágnum (1957), Que van a dar en el mar (1960) e A la altura de las circunstancias (1963).