Julia Otero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xornalista nacida en Monforte de Lemos (Lugo) o 6 de maio de 1959. Barcelonesa de adopción, estudou a carreira de Filoloxía Hispánica. Comezou a súa carreira nos medios en Radio Sabadell. En 1980 pasa a Radio Juventud en Barcelona. En 1986 contrátaa a cadea COPE. Logo pasa a presentar "Una historia particular" no segundo canal público de televisión. Non sería ata "3x4" cando obtén o máis alto recoñecemento do público e pasa a ser unha das caras máis populares do medio televisivo. Compaxina o traballo na televisión (catalá e telecinco) co seu programa en Onda Cero "La radio de Julia", con notable éxito. En 1999 Telefónica compra as emisoras de Onda Cero e despiden a Julia sen máis explicacións. Un ano despois, TV3 ofreceulle presentar un programa en horario de máxima audiencia. No 2003 recibe un premio Ondas, e tralo cambio de goberno de marzal do 2004, pasou a presentar o programa "Las Cerezas" no primeiro canal de TVE.