Kofi Annan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Koffi Annan, nado o 8 de abril de 1938 en Kumasi, Gana, foi secretario xeral da Organización das Nacións Unidas e laureado co Premio Nobel da Paz no 2001.
De orixe nobre na súa terra natal, o seu nome significa "nacido nun venres". Despois de comezar a estudar Economía na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Kumasi, Kofi recebeu unha bolsa para continuar os seus estudos nos EUA.
Annan comezou a traballar nas Nacións Unidas ao ingresar en 1962 na Organización Mundial da Saúde. Ao longo dos anos exerceu diferentes funcións na ONU ata chegar ao posto de secretario-xeral o 1 de xaneiro de 1997. En decembro de 2006, logo de nove anos no cargo, foi substituído polo surcoreano Ban Ki-Moon.