Languedoc-Rosellón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A rexión do Languedoc-Rosellón (en francés: Languedoc-Roussillon) agrupa cinco departamentos. Está bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León), e as seguintes rexións francesas: Provenza-Alpes- Costa Azul, Ródano-Alpes, Auverña e Mediodía-Pirineos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pirineos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos falan dun anfiteatro que mira ao mal, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.
Os seus cinco departamentos son herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón.
No 2004, o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que leva a divisa: "Vivir na Septimania".
Índice |
[editar] Historia
Na época antiga, o Languedoc-Rosellón formaba a provincia Narbonense, incorporada ben cedo ao Imperio romano. No século V, os visigodos instaláronse aquí, fundando a Septimania. Esta provincia foi temporalmente dominada polos árabes, antes de ser conquistada por Carlos Magno, que a denominou marca de Gothie. Na época feudal tivo lugar unha grande fragmentación política: os condados do Rosellón e de Cerdaña, de lingua catalana, pasaron á órbita do reino de Aragón, mentres que o Baixo Languedoc pasou baixo a dominación da casa Trencavel; despois, tras a cruzada albixense baixo a do rei de Francia. O tratado de Corbeil de 1258 ratifica esta división: os Corbières formaban a fronteira entre o reino de Francia e o reino de Aragón. En 1659 o tratado dos Pirineos incorporou o Rosellón e o norte da Cerdaña ao reino de Francia, pero as provincias do Languedoc e do Rosellón quedaron separadas administrativamente.
Artigo detallado: Historia do Languedoc-Rosellón.
[editar] Administración
Artigo detallado: Consello rexional do Languedoc-Rosellón
[editar] Política
A política no Languedoc-Rosellón estivo dominada desde hai tempo pola oposición entre dous persoeiros: Jacques Blanc (presidente do consello rexional durante 18 anos) e Georges Flêche, o seu adversario socialista que o sucedeu en marzo de 2004. Os ministros Claude Allègre e Jean-Claude Gayssot son orixinarios da rexión.
[editar] Xeografía
A rexión do Languedoc-Rosellón é moi hereroxénea. A chaira litoral contrasta coas zonas montañosas de Cévennes e os Pirineos, pasando polas mesetas calcáreas. As costas rochosas dos Pirineos alternas coas longas praias de area protexendo as bastas lagoas (lagoa de Thau, de Vendres, do Méjean...).
[editar] Economía
A economía do Languedoc-Rosellón baséase nun único factor esencial, o "sol", ao servizo de dous sectores vitais: o turismo e a agricultura.
|
||
Francia metropolitana : Alsacia · Aquitania · Auvergne · Borgoña · Bretaña · Centro · Champagne-Ardenne · Córsega · Franco-Condado · Illa-de-Francia · Languedoc-Roussillon · Limousin · Lorraine · Midi-Pyrénées · Nord-Pas-de-Calais · Baixa-Normandía · Alta-Normandía · País do Loira · Picardía · Poitou-Charentes · Provenza-Alpes-Costa Azul · Rhône-Alpes |
||
Rexións de ultra-mar : Guadalupe · Güiana Francesa · Martinica · Reunión |