Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Alsacia - Wikipedia

Alsacia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Rexión Alsacia
Bandeira da Alsacia
Bandeira da Alsacia
Brasón da Alsacia
Información
Capital: Estrasburgo
Poboación
 - Total
 - Densidade

1 734 145 (1999)
209/km²
Area 8,280 km²
Arrondisements 13
Cantóns 75
Concellos 903
Presidente do Consello Rexional Adrien Celler (UMP)
Departamentos
Bas-Rhin (Baixo Rhin) (67)
Haut-Rhin (Alto Rhin) (68)
Localización
Localización da Alsacia na Francia

A Alsacia (francés Alsace, alemán Elsaß) é unha rexión administrativa de Francia, localízase ao leste do país, xunto ás fronteiras alemá e suíza. A súa capital e maior cidade é Estrasburgo.

Índice

[editar] Xeografía

A superficie de Alsacia é de 8280 km², sendo a menor rexión da Francia metropolitana. A súa lonxitude é de aproximadamente catro veces a súa largura, estendéndose sobre unha planicie entre o río Rhin a leste e as montañas dos Vosgos a oeste.

Engloba os departamentos (départements) do Haut-Rhin (Alto Rhin), ao sur, e Bas-Rhin (Baixo Rhin), ao norte. Ten fronteiras coa Alemaña ao norte e ao leste, coa Suíza e a rexión francesa de Franche-Comté ao sur e coa rexión francesa da Lorena (Lorraine) ao oeste.

Posúe diversas masas forestais, principalmente nos Vosgos e no Bas-Rhin (bosque de Haguenau). Diversos vales tamén embelecen a rexión. O seu mais alto cumio é o Ballon d'Alsace, ou Ballon de Guebwiller no Haut-Rhin, que culmina a 1426 m.

A Alsacia ten un clima semi-continental con invernos fríos e secos e veráns quentes. Hai pouca precipitación pluviométrica debido á protección dos Vosgos ao oeste. A cidade de Colmar ten un microclima seco: é a segunda cidade máis seca da Francia (logo de Perpignan), cunha precipitación anual de soamente 550 mm, o que a converte en ideal para o viño da Alsacia (vin d'Alsace).

[editar] Principais cidades

As maiores cidades son (> 20.000 habitantes (1999)):

  • Estrasburgo (264115)
  • Mulhousse (110359)
  • Colmar (65136)
  • Haguenau (32242)
  • Schiltigheim (30841)
  • Illkirch-Graffenstaden (23.815)

[editar] Historia

En tempos prehistóricos, habitaban Alsacia tribos nómades de cazadores, mais por volta de 1500 a.C. os Celtas comezaron a se establecer na rexión, rozando e cultivando a terra. Por volta de 58 a.C., os romanos invadiron e estableceron a Alsacia como un centro de viticultura. Para protexer esta actividade valiosa, os romanos construíron fortificacións e campos militares que se transformaron en diversas comunidades, habitadas sen interrupción ata hoxe.

Coo declive do Imperio Romano, a Alsacia tornouse un territorio controlado polos alamanos, un pobo agrícola cuxa lingua formou as bases do moderno alsaciano. Os francos expulsaron os alamanos da rexión durante o século V, e a Alsacia tornouse entón parte do Reino da Austrasia. A Alsacia permaneceu baixo control franco ata que o reino franco se disolveu oficialmente en 843, co Tratado de Verdún.

A Alsacia tornouse entón parte do Sacro Imperio Romano-Xermánico e ficou baixo a administración dos Habsburgos da Austria ata que foi cedida á Francia ao remate da Guerra dos Trinta Anos en 1648. Mentres, a Alsacia tivo unha gran prosperidade durante o século XII e o século XIII, baixo a administración dos Hohenstaufen, mais esa prosperidade rematou no século XIV cunha serie de invernos rigorosos, pésimas colleitas e a Peste bubónica. As dificuldades foron atribuídas aos xudeus, levando aos pogromos terribles de 1336 e 1339. Durante o Renacemento, a prosperidade retornou á Alsacia baixo a administración dos Habsburgos.

 Woodrow Wilson e a American peace comision
Woodrow Wilson e a American peace comision

A Alsacia, xunto coa Lorena, foi durante séculos obxecto de disputas e guerras entre a Alemaña e a Francia. A Alsacia e a Lorena foron anexadas pola Francia baixo a administración de Luís XIV de Francia. Desde o 500, a área fora poboada principalmente por unha poboación de orixe e longua xermánicas, que loitou contra a imposición da lingua e costumes franceses (mostrando que ese territorio é esencialmente xermánico). As dúas rexións pasaron á Alemaña despois da Guerra Franco-Prusiana de 1870, causando a emigración (estimada) de 50000 persoas (dun total de 1 millón) para a Francia, e a Alsacia permaneceu parte da Alemaña ata o final da Primeira Guerra Mundial, cando a Alemaña a cedeu de volta á Francia no Tratado de Versalles. Algúns, non obstante, como o presidente dos EUA Woodrow Wilson, consideraban que a rexión debería ser independente e autónoma, pois a súa Constitución definía que estaba suxeita unicamente á autoridade do Kaiser, e non do Estado Alemán (os alsasianos defendían a anexión ao Grande Imperio Alemán).

Despois da Primeira Guerra Mundial, os habitantes que viñeran doutras partes da Alemaña foron expulsados. A identidade xermánica foi reprimida cunha política sistemática de prohibición do uso do alemán e dos seus dialectos, e a obriga do uso do francés como lingua vernacular, iso humilllou os alemans traendo o revanchismo da II Guerra Mundial. Curiosamente, a rexión non foi obrigada a recoñecer as leis promulgadas na Francia entre 1870 e 1918, tales como a lei de separación entre a Igrexa e o Estado.

A rexión (que foi territorio alemán, mais fora anexionado por Francia) foi anexada pola Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. A Alsacia foi absorbida pola rexión alemá do Baden, e a Lorena pola do Saarland (Sarre). Nótese o estatuto diferente da situación do resto da Francia, que foi ocupada pola Alemaña. Con iso, os alsacianos foron obrigados a se alistar nas forzas armadas alemás, como calquera cidadán alemán. Moitos alsacianos foron enviados á Frente rusa, a fin de distancialos da rexión natal e cohibir as tentativas de deserción. Moitos desertaron, e as súas familias sofreron as consecuencias.

A rexión trocou de mans novamente en 1944, voltando ao dominio francés, que restaurou a vella política de represión do período entre-guerras. Por exemplo, de 1945 a 1984 o uso da lingua alemá en xornais limitouse a un máximo do 25%. Nos últimos anos, coa dilución da consciencia nacionalista, a liberdade cultural foi gradualmente restablecida.

[editar] Datas importantes

  • 842 : os Xuramentos de Estrasburgo, pronunciados por Carlos o Calvo (Charles le Chauve) e Luís o Xermánico (Louis le Germanique) contra o irmán máis vello deles, Lotario (Lothaire).
  • 855 : A Alsacia fai parte do Sacro Imperio Romano-Xermánico.
  • 1354 : Fundación da Decápole, liga de dez cidades libres da Alsacia.
  • 1648 : o Tratado de Vestfalia (ou Westfalen) dá a Alsacia ao reino da Francia.
  • 1790 : Alsacia divídese en dous 'départements : Bas-Rhin e Haut-Rhin.
  • 1871 : polo Tratado de Frankfurt, o Imperio Alemán anexa a Alsacia, coa excepción dos arredores de Belfort, así que unha parte da Lorena.
  • 1911 (31 de maio) : adopción da constitución alsaciana.
  • 1918 (22 de novembro) : as tropas francesas toman Estrasburgo.
  • 1919 : o Tratado de Versalles restitúe a Alsacia á Francia.
  • 1940-1944 : durante a ocupación alemá, a Alsacia é anexada ao Reich alemán.
  • 1944 (23 de novembro): as tropas francesas do xeneral Leclerc liberan Estrasburgo.

[editar] Política

A Alsacia é unha das rexións máis conservadoras da Francia. Foi unha das dúas rexións da Francia metropolitana onde a dereita gañou as eleicións rexionais de 2004, controlando así o Consello Rexional da Alsacia (conseil régional d'Alsace). O presidente do Consello Rexional é Adrien Celler, membro do partido governamental Union pour un mouvement populaire (Unión para un Movimento Popular), ou UMP.

[editar] Economía

Segundo o Institut National de la Statistique et des Études Économiques (INSEE), a Alsacia tivo un PIB de 44.300 millóns de Euros en 2002 (3% do PIB francés). Con un PIB per capita de 24 804 Euros, é a segunda rexión máis rica da Francia, coa Illa-de-Francia en primeiro lugar. Cun 68% dos empregos son no setor de servizos (terciario) e 25% na industria (secundario), fai da Alsacia unha das rexións francesas máis industrializadas.

[editar] Demografía

A poboación alsaciana era de 1.734.145 habitantes en 1999. Medrou regularmente ao longo dos anos, excepto en tempos de guerra, tanto por crecemento natural como pola inmigración. Este crecemento acelerouse no final do século XX. O INSEE estima que a poboación alsaciana crecerá dun 12.9% a 19.5% entre 1999 e 2030.

Cunha densidade de 209 hab./km², a Alsacia é a terceira rexión máis densamente poboada na Francia metropolitana. A poboación ten, na súa maior parte, orixe xermánica (a lingua alemá foi prohibida despois da I Guerra Mundial e hoxe son poucos que a falan).

[editar] Cultura

Historicamente, a rexión pasou da Francia para a Alemaña diversas veces, resultando nunha rica mestura cultural. Alén diso, era punto de pasaxe de migracións humanas desde antes da Idade Media, recibindo innúmeras contribucións culturais.

[editar] Língua

Os dialectos alemáns locais son o alsaciano e o franco. A pesar de que ambos poden ser distinguidos en francés (alsacien e francique), tendese a se referir a ambos como alsaciano. Ningún dos dous ten un estatuto oficial, a pesar de ambos seren recoñecidos como linguas da Francia.

Cando a Alsacia estaba baixo control alemán de 500 a 1648, de 1871 a 1919 e de 1940 a 1944, o uso da lingua alemá era obrigatorio. Mentres, partes da rexión falaban exclusivamente francés.

Desde 1992, coa intención de preservar a lingua alsaciana, existen clases bilingües paritarias na Alsacia, onde o ensino dáse en lingua alemá (50%) e en lingua francesa (50%). Actualmente, representan aproximadamente un 5 % dos estudantes. No segundo grao (colexial), os alumnos poden pasar un diploma chamado 'Abibac, mistura do Abitur alemán e do Baccalauréat francés. O alsaciano pode ser falado no xardín de infancia e pode ser ensinado ou falado na escola primaria, malia iso, a parte escrita faise en alemán, considerando que esta é a versión escrita común do conxunto de dialectos alsacianos.

Tamén é normal a presentación de pezas de teatro en alsaciano.

[editar] Culinaria

A cociña alsaciana, fortemente influenciada pola tradición culinaria alemá, caracterizase polo uso do porco en varios pratos. A lista de pratos tradicionais inclúe baeckeoffe, tartes flambées (flammekueche), choucroute, e fleischnackas. O sur da Alsacia, tamén chamado Sundgau, é famoso pola súa carpe frite (carpa frita).

As festividades de fin de ano, contrariamente ao resto da Francia, inclúen a produción dunha gran variedade de biscoitos e pequenos bolos chamados brédalas, así como de pain d'épice (algo parecido co pan de mel brasileiro), que son distribuídos aos nenos desde a festa de Saint Nicolas (San Nicolau).

Rexión vitícola por excelencia, os seus viños son principalmente brancos (a excepción é o Pinot Noir), tendo unha grande influencia xermánica e sendo chamados vins d'Alsace. A Alsacia produce algúns dos máis destacados Rieslings secos do mundo, e é a única rexión da Francia a dar o nome da cepaxe ao viño.

A Alsacia é tamén a maior produtora de cervexa da Francia, grazas principalmente ás cervexarías na rexión de Estrasburgo. Entre elas, podemos citar as de Kronenbourg, Fischer, Heineken, Météor e Kanterbräu. O Schnapps (augardente) tamén se produce na Alsacia, mais está en declive porque as destilarías domésticas son menos comúns hoxe en día, e tamén porque o consumo de bebidas tradicionais, con forte contido alcohólico, diminúe drasticamente.

Alén diso, a Alsacia tamén é coñecida polos seus zumes de fruta e as súas augas minerais.

[editar] Símbolo

O símbolo da Alsacia é a cegoña, paxaro que, segundo as historias contadas aos nenos, traía os bebés ás familias. Case extinta na rexión hai vinte anos atrás, foi reintroducida e comeza a repoboar os tellados das igrexas e o ceo da Alsacia. As cegoñas reintroducidas sedentarizáronse e non migran máis.

[editar] Turismo

Principais puntos turísticos

  • Estrasburgo
  • Colmar
  • Ribeavillé
  • Riquewihr
  • Kaisersberg
  • Eguisheín
  • Convento do Mont Sainte Odile, preto de Obernai
  • Castelo de Haut Königsbourg, preto de Sélestat
  • Museo Nacional do Automóbil, en Mulhouse


 Bandeira Francesa Rexións de Francia

Francia metropolitana : Alsacia · Aquitania · Auvergne · Borgoña · Bretaña · Centro · Champagne-Ardenne · Córsega · Franco-Condado · Illa-de-Francia · Languedoc-Roussillon · Limousin · Lorraine · Midi-Pyrénées · Nord-Pas-de-Calais · Baixa-Normandía · Alta-Normandía · País do Loira · Picardía · Poitou-Charentes · Provenza-Alpes-Costa Azul · Rhône-Alpes

Rexións de ultra-mar : Guadalupe · Guyane · Martinica · Reunión

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu